Data: 25 Outubro 2019
"Manexo silvopastoral dos montes periurbáns na provincia de Pontevedra"
A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, en colaboración co CFEA de Lourizán, organiza a VI Reunión de Outono. Nesta ocasión falaremos sobre "Manexo silvopastoral dos montes periurbáns na provincia de Pontevedra" os vindeiros venres 25 e sábado 26 de outubro no CFEA de Lourizán.
A xornada está aberta a todas aquelas persoas, comunidades de montes, entidades e concellos que pretendan comprender e explorar as oportunidades de manexo do monte na provincia de Pontevedra de cara a reducir a cantidade de mato e material combustible á vez que se realiza unha actividade gandeira sostible e rendible.
Difusión da xornada nos medios de comunicación:
https://www.campogalego.gal/programa-da-reunion-de-outono-da-sociedade-galega-de-pastos-e-forraxes-2/