Data: 19 Setembro 2021
A primeira actividade pública deste ano será a VI Reunión de Primavera que terá lugar na aldea de Vilela, no Concello de Navia de Suarna (Lugo) o vindeiro domingo 19 de Setembro. Nesta ocasión falaremos sobre "O cabrún como alternativa de aproveitamento do monte nos Ancares".
Desta volta a nosa Reunión de Primavera vai compartir espazos e datas coas Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural, como vedes no programa que axuntamos (preme aquí). Deste xeito, xuntando esforzos coa Asociación SER e a Deputación de Lugo, realizaranse tres días intensos para falar de Novas incorporacións ao rural, de Experiencias de desenvolvemento rural e de Silvopastoreo e aproveitamento do monte con cabras.
É imprescindible realizar a inscrición a través deste formulario o antes posible:
→ https://forms.gle/AE53pTVgghbue1H38
O aforo está limitado e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias.
Colabora:
Presentación das Xornadas:
http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/76378
Difusión da xornada noutros medios:
https://galiciaxa.com/2021/09/lxa/ax-lxa/114786/
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-5320076?t=3028
https://www.campogalego.gal/a-medida-que-as-cabras-desapareceron-do-monte-apareceron-os-lumes/