A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes está composta por socios/as:
Fundadores: aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional. A SGPF foi fundada por 21 persoas (gandeiros/as, técnicos, investigadores/as e entidades do sector agrogandeiro).
Numerarios: aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
Honorarios: aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da asociación.
Son “Socios de Honra” da SGPF:
Julio Ulloa Vence (ano 2017). Funcionario xubilado e impulsor do Programa de implantación de pastos nos mvmc.
David Gomes Crespo (ano 2017). Investigador e fundador de Fertiprado
Juan Piñeiro Andión (ano 2018). Investigador xubilado de Mabegondo
José Manuel Pérez Prieto (ano 2018). Gandeiro de A Gudiña