A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) é unha asociación sen ánimo de lucro fundada o 26 abril do ano 2014 na Pastoriza (Lugo) co obxectivo de servir de punto de encontro entre os distintos axentes que conforman o sector agropecuario en Galicia.
A SGPF nace como resposta aos cambios importantes que se están a dar nos usos da terra en Galicia, sendo o de maior relevancia a perda constante de Superficie Agraria Útil. Esta superficie transfórmase, na maior parte dos casos, en mato ou en plantacións forestais intensivas.
Esta situación e o coñecemento dos sectores gandeiros e da súa importancia de cara ao futuro é o que impulsou aos 21 socios fundadores a crear unha Sociedade de pastos netamente galega que nos permita o contacto continuo e directo entre as partes interesadas: Gandeiros/as, Técnicos, Investigadores/as e Entidades (empresas, cooperativas, asociacións,...) dos sectores implicados (Vacún de leite, Vacún de carne, Ovino, Cabrún e Cabalar).
Xunta Directiva:
Queres participar, compartir e aprender dos pastos, forraxes e sistemas de manexo de gando en Galicia? Apúntate á SGPF!