Aviso Legal

 

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL www.sgpf.gal (en adiante sitio web) é operada pola entidade:

Razón Social: ASOCIACION SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES (en diante SGPF).
C.I.F. G-27.459.064
domicilio social:  Fonmiña nº 2 ,  C.P. 27.246 , A Pastoriza (Lugo)
Teléfono: 686 620 154 (Eloi); 619 032 791 (Joan)
Correo Electrónico: sgpf.galicia@gmail.com

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións.

Condicións de uso

O acceso ao sitio web é gratuíto.

O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos da SGPF ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web, a SGPF resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual sobre a disposición dos contidos do sitio web, o seu deseño gráfico, os programas de ordenador subxacentes, así como os distintos elementos que integran o sitio web corresponden á SGPF.

O uso do sitio web non supón a cesión de dereito ningún de propiedade intelectual ou industrial sobre o sitio web, os contidos ou os signos distintivos da SGPF.

En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, párrafo segundo, da Ley de Propiedad Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización da SGPF.

O/a usuario/a comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade da SGPF. Poderá visualizar os elementos do expostos en devandita web e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal, privado e/ou didáctico. O/a usuario/a deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado na páxinas da SGPF.

Sitios enlazados e modificacións

Co fin de facilitar información adicional, pódense incluír diversas ligazóns que permitan acceder a outras páxinas web (sitios enlazados). Nestes casos, a SGPF actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada lexislación, a SGPF non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos sitios enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da ilegalidade e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.

En ningún caso a existencia dos sitios enlazados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade da SGPF coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos ditos sitios. En consecuencia, a SGPF non se fai responsable do contido dos sitios enlazados, nin das súas condicións de uso e as políticas de privacidade, sendo a persoa usuaria a única responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e os use. Así mesmo, a SGPF non se responsabiliza do mal uso que se realice dos contidos da súa páxina web, sendo exclusiva responsabilidade da persoa que accede a eles ou os utiliza.

No suposto de que o/a usuario/a considere que existen nos sitios enlazados contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou inadecuados, poderá poñelo en coñecemento da SGPF a través do seguinte enderezo de correo electrónico: sgpf.galicia@gmail.com.

A SGPF resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu sitio web, podendo cambiar,engadir ou suprimir tanto os contidos e servizos que presta como o xeito no que estes se amosen ou  localicen.

Responsabilidade da SGPF

A SGPF non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. A SGPF non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.

Protección de datos

A SGPF cumpre coas directrices do Reglamento General de Protección de datos (Reglamento (UE) 2016/679) e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario.

Para este fin, xunto a cada formulario de recabo de datos de carácter persoal,  nos servizos que o/a usuario/a poida solicitar, a entidade titular do sitio web fará saber ao/a usuario/a da existencia e aceptación das condiciones particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándolle da responsabilidade do ficheiro creado, a dirección do responsable, a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e as comunicacións de datos a terceiros no seu caso.

De acordo cos dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal así como ao consentimento prestado para o tratamento destes, dirixindo a súa petición ao enderezo postal indicado máis arriba ou ao correo electrónico sgpf.galicia@gmail.com.

En cumprimento da normativa vixente, a SGPF informa de que os datos serán conservados durante o prazo estritamente necesario para cumprir os preceptos mencionados con anterioridade.

Mentres non se comunique o contrario, entenderase que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificar calquera variación e que presta o seu consentimento para utilizalos para as finalidades mencionadas.

Así mesmo, a empresa Prodesin, creadora do sitio web, informa que dá cumprimento á Ley 34/2002 de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y el Comercio Electrónico e solicitará ao usuario o seu consentimento ao tratamento do seu correo electrónico con fines comerciais/divulgativos en cada momento.

Poderá dirixirse á Autoridade de Control competente para presentar a reclamación que considere oportuna.

Co envío do formulario de recollida de datos vostede acepta a política de privacidade da SGPF.

Lei aplicable e xurisdición competente

As condiciones de uso da Páxina Web contidas neste Aviso Legal, así como as relaciones entre o/a usuario/a e a SGPF rexeranse e interpretaranse de acordo coas leis españolas. Para a solución de calquera conflito que puidera suscitarse, o/a usuario/a e a SGPF sométense expresamente á competencia e xurisdición dos xulgados e tribunais da cidade de LUGO.


SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES
Fonmiña 2 · C.P. 27.246 · A Pastoriza · Lugo · Galicia · España · Aviso legal / Política de cookies / Protección de datos
Síguenos en