Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Sobre nós

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) é unha asociación sen ánimo de lucro fundada o 26 abril do ano 2014 na Pastoriza (Lugo) co obxectivo de servir de punto de encontro entre os distintos axentes que conforman o sector agropecuario en Galicia.

A SGPF nace como resposta aos cambios importantes que se están a dar nos usos da terra en Galicia, sendo o de maior relevancia a perda constante de Superficie Agraria Útil. Esta superficie transfórmase, na maior parte dos casos, en mato ou en plantacións forestais intensivas.

Esta situación e o coñecemento dos sectores gandeiros e da súa importancia de cara ao futuro é o que impulsou aos 21 socios fundadores a crear unha Sociedade de pastos netamente galega que nos permita o contacto continuo e directo entre as partes interesadas: Gandeiros/as, Técnicos, Investigadores/as e Entidades (empresas, cooperativas, asociacións,...) dos sectores implicados (Vacún de leite, Vacún de carne, Ovino, Cabrún e Cabalar).
 

Obxetivos

  • Mellorar os métodos de produción, a xestión e utilización dos pastos e forraxes.
  • Promover a gandería en base a pastos e forraxes como exemplo de actividade sustentable dende o punto de vista económico, social e ambiental.
  • Divulgar os adiantos técnicos e científicos en materia de produción e utilización de pastos e forraxes.
  • Apoiar, estimular e realizar, entre investigadores, técnicos e gandeiros, estudos, proxectos e actividades formativas e de transferencia tecnolóxica relacionadas cos fins da asociación.
  • Colaborar coas administracións na defensa dos intereses dos sectores dependentes dos pastos e forraxes.
  • Estimular a cooperación entre os axentes implicados no aproveitamento, produción, investigación e innovación dos pastos e forraxes.
  • Establecer relacións con outras organizacións públicas ou privadas, administracións e sociedades científicas e técnicas paralelas ou afíns, nacionais ou estranxeiras, podendo constituír con elas unións, grupos operativos ou federacións nacionais ou supranacionais, para tal nomeando aos seus representantes.


Xunta Directiva:
 

  • Presidente: Joan Alibés Biosca
  • Vicepresidenta: Raquel Fernández Neira
  • Secretaria: Vanesa Garrido Blanco
  • Tesoureiro: Marcos Veiga López
  • Vogal: María Rosa Mosquera Losada
  • Vogal: Xosé María Eloi Villada Legaspi
  • Vogal: Francisco Javier Fernández Árias
  • Vogal: Santiago Crecente Campo


 

Faite socio/a

Queres participar, compartir e aprender dos pastos, forraxes e sistemas de manexo de gando en Galicia? Apúntate á SGPF!
 


SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES
Fonmiña 2 · C.P. 27.246 · A Pastoriza · Lugo · Galicia · España · Aviso legal / Política de cookies / Protección de datos
Síguenos en